VILAGARCÍA> Esquerda Unida propón converter Fexdega nun espazo deportivo. Dende a formación consideran que o recinto feiral está infrautilizado, e convertelo nunha instalación deportiva permitiría o seu uso tódolos días do ano. Coa súa proposta, as feiras realizaríanse na zona exterior do recinto.
Esquerda Unida de Vilagarcía considera que o recinto feiral de Fexdega está desaproveitado. Dende a formación creen que o espazo debería ter acoller outras actividades que permitisen á veciñanza utilizalo a diario. Por iso propoñen converter Fexdega nun espazo deportivo.
A segunda proposta é reforzar a zona exterior da instalación para diversos usos.
Dende a formación consideran que utilizar Fexdega só para feiras non é sacar rendibilidade ao espazo.
Dende esquerda unida defenden que o Fexdega como centro deportivo podería ser utilizado durante todo o ano.
A formación tamén cree que este espazo deportivo podería acoller campionatos a nivel nacional e aumentar a súa rendibilidade. Ao manter a estrutura do recinto feiral, a estimación de esquerda unida é que o proxecto teña un custo que rolde os 300 mil euros.