BOIRO > O concello de Boiro vén de solicitar a Augas de Galicia a realización dun estudo sobre o estado da rede de saneamento do municipio. O obxectivo é contar cun plan director que permita consultar as características da rede en calquera punto do municipio, de maneira similar ó que acontece cos planeamentos urbanísiticos.
O documento sería de grande utilidade para o concello boirés posto que permitiría subsana-las deficiencias rexistradas na rede de saneamento sen necesidade de acometer grandes obras. Neste sentido, o executivo planea a modificación do sistema de alcantarillado para dotar o casco urbano dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, polo que dispoñer deste informe sobre a capacidade e distribución das tuberías facilitaría os traballos.
Polo momento, o concelleiro de obras, Xoán Xesús Ares, xa lle plantexou o proxecto a Augas de Galicia.
O concello tamén ten solicitado un informe sobre a depuradora de augas residuais para saber se ten capacidade suficiente para o tratamento de tódolos residuos. Os técnicos de Augas de Galicia, acompañados dos operarios da empresa Espiña e Delfín, encargados do mantemento da depuradora, xa se achegaron ata a planta de tratamento para examinar as instalacións. Os técnicos detectaron problemas puntuais no seu funcionamento cando se producen emisións industriais sen tratamento previo.
Redacción Barbanza