NOIA> O BNG levará ó Parlamento as deficiencias nas liñas de transporte público na comarca de Muros-Noia. Denuncian constantes retrasos e servizos insuficientes que teñen como consecuencia que moitos usuarios, entre eles estudantes, non poidan facer uso do servizo.
As constantes deficiencias denunciadas polos usuarios do transporte público entre Noia e Santiago así como a conexión entre as comarcas do Barbanza e Muros Noia levaron ó BNG a presentar unha iniciativa no Parlamento interpelando á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade sobre esta situación que se está a dar practicamente en toda Galicia.
Retrasos, liñas suspendidas, autobuses en mal estado con constantes avarías ou mesmo pasaxeiros viaxando de pé son só un exemplo do mal servizo que, din, está a prestar a empresa concesionaria.
A nivel comarcal, dende o BNG demandan maiores frecuencias non só con Santiago senón tamén unha mellor interconexión co Barbanza