O BNG de Ribeira pide a mellora dun vial de acceso ó hospital

    RIBEIRA> Segundo os nacionalista trátase dunha estrada secundaria que é empregada por moitas persoas que acoden a diario ó centro hospitalario. O grupo municipal do BNG reclama unha actuación urxente de mellora deste vial situado nas inmediacións do hospital que é empregado por numerosos usuarios do centro hospitalario. Os nacionalistas reclaman a mellora do firme e que se proceda á súa ampliación, dotándoo ademais de zonas de estacionamento. Segundo eles trátase ademais dunha actuación comprometida, que o equipo de goberno anunciou hai meses que ía acometer, pero que polo de agora aínda non se levou a cabo.