Malestar na lonxa ribeiresa ante os novos casos de venda ilegal

    RIBEIRA > Os vendedores de peixe que operan na lonxa de Ribeira veñen amosando o seu malestar dende hai tempo polo mal funcionamento desta instalación, na que segundo eles, se están a acometer un bo número de irregularidades, tales como a venda de peixe e marisco a particulares ou os escasos controis sanitarios existentes.

    Xoán Mosquera traballa como vendedor de peixe dende hai varios anos.  A súa actividade céntrase fundamentalmente na lonxa de Ribeira, mercando producto fresco que posteriormente vende na propia praza de abastos da localidade.

    Dende hai tempo, el xunto con outros vendedores, vén observando numerosas irregularidades na lonxa ribeiresa que, a pesar de ser denunciadas en máis dunha ocasión, seguen a pasar coma se nada, sen que as autoridades competentes na materia tomen cartas no asunto.

    O problema afecta a un bo número de persoas que viven directamnete da comercialización de peixe e marisco.

    A situación é tan grave que o propio Xoán Mosquera cunha cámara de video propia se atreveu a gravar, para que a opinión pública coñecera a situación que se vive na lonxa ribeiresa. Un día ó chou e provisto da súa cámara Xoan foi recollendo imaxes da actividade no recinto de venda, facendo especial finacapé naqueles casos máis graves como pode se-la venda directa a particulares, unha circunstancia prohibida que mesmo se recolle en carteis colocados na propia lonxa e que veñen a prexudicar os intereses de numerosos vendedores que deste xeito viven unha competencia desleal.

    Segundo el debido a estas prácticas a actividade xa non é rendible, polo que son moitas os que deciden pecha-lo seu negocio e adicarse a outro traballo.

    Redacciíon Barbanza