O Rompetiño Jump achegará a cultura urbana a Porto do Son

    PORTO DO SON> Máis de dez mil persoas achegaranse esta fin de semana ata Porto do Son para participar no Rompetiño Jump. Trátase dun evento de cultura urbana que combina música e deporte organizado pola firma textil ‘Rompiendo Clothing’ . Trala primeira edición desenvolvida o pasado ano de xeito experimental, o Rompetiño Jump chegará este fin de semana a Porto do Son cun programa moito máis ambicioso. A cultura urbana é o fío condutor deste evento que mesturará breakdance, ciclismo e música na explanada portuaria. A organización estima que máis de dez mil persoas pasarán ó longo da fin de semana por Porto do Son. Ademais do apoio do concello, contan coa colaboración de diversas entidades e empresas patrocinadoras.Tan só é preciso inscribirse con antelación no Open de Descenso Urbano que se disputará o domingo. No resto das probas poderán anotarse antes do inicio.