A falla de candidaturas fai perigar a continuidade da Unión

    BOIRO > A falla de candidaturas para facerse cargo da directiva da Unión podería desembocar na desaparición do colectivo veciñal. Os actuais dirixentes presentaron a súa dimisión irrevocable a comezos do mes de decembro e, ate o de agora, non se ten postulado ningún grupo para facerse cargo da súa xestión. De persistir esta situación, a entidade disolverase a principios do mes de marzo.

    A directiva da Asociación de Veciños ‘A Unión’ vén de notificar oficialmente as súas intencións. Segundo o todavía presidente, Anxo Torrado, trátase dunha decisión ‘firme’ polo que non haberá máis prazos que prorroguen a renovación da directiva.

    Antes da súa marcha, os directivos da entidade quixeron deixan zanxados os proxectos que tiñan entre mans: a elaboración dun rueiro que xa está rematado e a piques de ser publicado e o Plan Parcial de Cabo de Cruz. Neste sentido, o colectivo veciñal ten prevista a presentación de alegacións a este proxecto para dar por finalizado este proxecto.

    Precisamente, o rexeitamento a este planeamento urbanístico parece ser o motivo polo que ningún socio presentou a súa candidatura para dirixir a asociación. A este respecto, está previtsa unha asemblea na que se debatirán de novo os aspectos do plan parcial deseñado polo concello.

    Redacción Barbanza