NOIA> Noia acollerá este verán a décima edición do Campus de Baloncesto José Ángel Antelo. Ademais das sesións de adestramento os participantes disfrutarán de actividades lúdicas con prácticas de equitación, iniciación á vela e mesmo unha sesión de zumba. Aínda quedan prazas libres para os rapaces que desexen participar no campus de baloncesto que se celebrará na vila noiesa entre o vinte e o 25 de xullo. Ademais de José Ángel Antelo, ex xogador do Real Madrid que actualmente milita no CAM CAM Murcia, as sesións de adestramento contarán con destacadas figuras do deporte. A xornada de mañá dedicarase exclusivamente á práctica deportiva mentres que as tardes destinaranse a actividades lúdicas. Nesta décima edición ábrese tamén a posibilidade de pernoctar no pavillón polideportivo dúas noites con actividades nocturnas para os participantes. Os interesados en participar poden solicitar a ficha de inscrición nos polideportivos municipais ou na casa da cultura de Noia. O prezo é de setenta e cinco euros por persoa, cincuenta no caso de varios irmáns. Inclúe desprazamentos, almorzo e unha equipación do club de regalo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









