POBRA> Xubilados de toda a comarca volveron saír á rúa esta pasada fin de semana na Pobra para reclamar novamente por unhas pensións dignas. Máis dun cento de persoas volveron saír á rúa este sábado na Pobra en contra da suba do 0,25 % das pensións por parte do Goberno Central, ó considerala ridícula. Como é xa costume, pois leva desenvolvéndose dende hai varios meses, a mobilización partiu do centro sociocomunitario para percorrer posteriormente diversas rúas da vila, para rematar na praza do Cantón da Leña onde tiveron lugar diversas intervencións. Nesta ocasión na protesta tamén tomou parte a voceira da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións, Victoria Portas, quen apoiou esta reivindicación, pare ela, totalmente xusta.
Inicio BARBANZA