![]()
RIBEIRA> As obras, despois de numerosas demoras, están rematadas, pero os problemas burocráticos impídenlle o acceso ás súas vivendas.
{flowplayer}barbanza/afectadosvivendasxaras.flv{/flowplayer}
Cansos de agardar polas chaves do seu novo piso, os adxudicatarios das vivendas sociais de Xarás decidiron unir forzas e mobilizarse para demandar á Xunta que acelere a entrega. Esta é a única saída que lles queda despois dun longo periplo no que os constantes retrasos deron paso á desesperación. Desesperación e impotencia ante a falla de concreción sobre a data na que poderán por fin instalarse nos seus fogares.
Nova demora
A pesar de que o proxecto recibiu o visto bo en 2002 as obras non comezaron ata o 2004. Meses despois a empresa adxudicataria quebrou e foi preciso reiniciar o proceso para outorgarllo a unha nova construtora. Agora, unha vez rematadas as vivendas, ós adxudicatarios esgotuselles a paciencia posto que a Xuntan non lles permite o acceso ás vivendas ata que non se solucionen os trámites relacionados coas hipotecas. Os afectados non entenden esta nova demora, e menos a explicación da Xunta, xa que dos 21 aduxidicatarios, soamente catro accederán ás vivendas en réxime de compra.
Longa espera
Mentres seguen agardando o permiso de habitabilidade moitos deles vense obrigados a vivir en situacións moi precarias.
Medidas de presión
Xa advirten de que non quedarán cos brazos cruzados ante a pasividade da Xunta e se é preciso instalaranse diante das vivendas ata que lles digan, dunha vez por todas, cando poderán acceder ó seu fogar.
Redacción Barbanza







