Só Amegrove consigue gañar unha proba da Bandeira Concello do Grove

O GROVE > Pouca sorte tiveron os equipos arousáns na Bandeira Concello do Grove disputada en augas mecas. Só o Amegrove conseguiu a victoria en cadetes onde o Vilaxoan foi terceiro, mentres que o Mecos quedou segundo en senior. Os grandes vencedores foron o Club de Remo Tirán en categoría masculina e Chapela en féminas.

Porto Meloxo, no Grove, acolleu a sexta edición da Bandeira Concello do Grove na que o vento e o frío foron os principais protagonistas. Estas condicións meteorolóxicas impediron que a proba se fixera polo sistema de multitandas e houbo que usa-lo sistema tradicional, resultando vencedores o Náutico de Vigo en senior e en infantil cadete feminino, Chapela en xuvenil, Amegrove en cadetes, Tirán en infantil e Coruxo en xuvenil–sénior feminino. Pouca sorte, por tanto, para os clubs da comarca, que, a excepción da victoria de Amegrove en cadete, non acadaron máís primeiros postos. Só o Vilaxoan conseguiu un terceiro en cadetes e o Mecos un segundo en sénior ademais dun cuarto en xuvenil-senior feminino, un quinto en cadetes e un sexto en xuvenil.  

Redacción Salnés