Amegrove acude con ilusión ó Nacional de Banco Fixo

GROVE> O equipo cadete do Club de Remo Amegrove partíu onte cara a Linea da Concepción, en Cádiz. onde a partir de mañá disputan o Campionato de España de Banco Fixo-Mediterráneo. Os de Porto Meloxo serán o único representante galego na proba e enfrontaranse, non só as mellores tripulacións do Mediterráneo, senón tamén a unha embarcación nova, o llaüt.

{flowplayer}images/salnes/amegrove_270511.flv{/flowplayer} 

Hai un mes escaso os cadetes de Amegrove proclamábanse campións de España de Bateis. Ese era o punto e final da temporada. Sen embargo, adestradores, directivos e deportistas consideraron que este ano podía alongarse un pouquiño máis a competición. As opcións eran o banco móvil, ou o banco fixo do meditarráneo. Elexiron a segunda polas súas maiores similitudes co batel, aínda que as diferencias son notables. 

Ademais de ter que adaptarse ó llaüt, que lles cederá nesta ocasión o Universidad de Valencia, afrontarán unha regata moito máis curta e explosiva: 700 metros en dous longos.

O plantel está conformado polos cadetes de Amegrove máis dous remeiros cedidos por Rianxo e un de Vilaxoán. Todos eles chegan nun bo momento e agardan dar a sorpresa.

Xunto con Amegrove competirán outros 20 barcos do sur e levante español. Mañá ás 11:20 sairán os de Porto Meloxo nunha primeira quenda que de gañala lles permitiría pasar directmente ás semifinais do domingo ás 09:30, senón pasarían a unha repesca. A gran final está fixada para as 12:45 do domingo.

Redacción Salnés