O Vilagarcía RC inaugura o domingo o seu novo circuíto

VILAGARCÍA> Esta fin de semana inaugúrase en Vilagarcía un novo circuíto de automodelismo, construído da man do concello e do club Vilagarcía RC, na polígono de Trabanca. Nesta carreira inaugural daranse cita ó redor de 40 pilotos, entre eles os mellores de Galicia. Na vista dos organizadores xa está posta a celebración dunha das probas do Campionato de España de 2013.

{flowplayer}images/salnes/automodelismo_260412.flv{/flowplayer} 

O Vilagarcía RC inaugurará este domingo o seu novo circuíto de automodelismo, que ven a substituír ó de Fontecarmoa. Será a través dunha proba non puntuable na que iso sí, daranse cita os mellores especialistas na modalidade 1/8 TT Gas, entre eles os últimos dous campións galegos: José Porto e Cristian Villar. En total agárdase a presencia de 40 pilotos, unha cifra que fala as claras do crecemento que está a experimentar esta modalidade deportiva.

O circuíto foi construído coa colaboración do concello de Vilagarcía e conta cunha lonxitude de 315 metros. Paralelamente situouse un podium de 12 metros de ancho e 3 de alto dende onde os pilotos manexarán os seus coches de radiocontrol.

Este de Vilagarcía é o segundo circuíto que se inaugura no Salnés neste 2012, despois do de Meis. O trazado caracterízase pola súa gran lonxitude e por ser moi técnico.

A carreira de inauguración dará comezo o domingo ás 10:00, cos primeiros adestramentos libres que darán paso ás mangas cronometradas e ás eliminatorias. A final cóntase que dé comezo en torno ás 15:00.

Redacción Salnés