O concello de Meis loitará para que non se instale ENCE nos seus terreos

    MEIS> O concello de Meis comezará esta semana a campaña en contra do posible traslado de Ence ó polígono Meis – Barro. Nestes días colocaranse pancartas de protesta en todas as parroquias e os rexedores de ámbolos dous concellos manterán reunións con todos os veciños parar decidir as medidas de presión que se levarán a cabo no caso de que esta proposta sexa unha realidade.

    O malestar no concello de Meis pola proposta na que aparece a posibilidade de trasladar a papeleira ENCE ó polígono Meis- Barro é latente. O alcalde de Meis, Jose Luís Pérez, xa ten as pancartas de protesta ante esta posibilidade que se instalarán en todas as parroquias ademais da celebracións de reunións informativas cós veciños para estudar posibles medidas de presión.

     

    As pancartas son só unha primeira medida xa que se esta idea se materializa loitarán con todos os medios municipais para que non se realice. Segundo o rexedor de Meis, Jose Luís Pérez, este concello está sendo un referente no medio ambiente e a instalación da fábrica de celulosa contradí  estas políticas.

    Redacción Salnés