Inaugúrase OCV, a primeira empresa que produce paneis solares térmicos en Galicia

    ocv100_280907_001.jpgCAMBADOS > Á última hora da tarde de onte inaugurouse no Polígono  de Cambados OCV,a primeira empresa en Galicia na fabricación de paneis  térmicos…

    O acto estivo presidido polo conselleiro de innovación e industria, Fernando Blanco acompañado de varios alcaldes da comarca entre outras autoridades.

     Ás sete da tarde facían a súa aparición as diversas autoridades que ían inaugura-la apertura dunha das empresas que marcará un antes e un despois na industria das enerxías renovables.

    Primeiro un pequeno percorrido polas instalacións para comprobar insitu a calidade das mesmas. OCV Unha empresa que ten como obxectivo competir no mercado internacional sen perder a súa identidade galega.

     O conselleiro de industria, Fernando Blanco foi o encargado ademais de inaugurar oficialmente o acto e destacou a importancia de axudar a este tipo de empresas, fomentadoras de novas industrias, a instaurarse para acada-lo crecemento e competir no mercado internacional

    O presidente do consello de administración de OCV, Xosé Carlos Domínguez destacou a importancia deste tipo de industrias sobre todo en Galicia Domínguez engadiu que teñen prevista unha producción de 15.000 paneis ó ano. A expectativa é chegar ós 30.000.

    A intervención do alcalde de Cambados Xosé Manuel Cores Tourís foi a que estivo marcada pola polémica xa que no medio do discurso dirixiuse ó conselleiro de Industria para pedirlle que faga de mediador entre as diferentes consellerías para tentar desbloquear unha situación que está impedindo ampliar o polígono de Sete Pías.

    Despois do acto inaugural, Tourís explicou que as consellerías contradinse nos motivos polos cales supostamente no poden saír adiante o proxecto do polígono Industrial. O acto rematouse co descubrimento dunha placa conmemorativa en nome da empresa.

    Redacción Salnés