‘Aragunde está a resultar o alcalde do PP máis retrógado dos últimos anos’

    victor_caamanocopy.jpgCAMBADOS> Así de rotundo se amosou o voceiro do BNG. Caamaño asegurou que lles están poñendo cantidade de trabas para acceder a información do concello.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CAMBADOS_060612.flv{/flowplayer}

    Desde as filas nacionalistas aseguran que levan meses atopándose trabas á hora de acceder á todo tipo de información no concello. Refírense ás consultas administrativas e ás actas das Xuntas de Goberno Local. Neste caso, a última que recibiron é a do 30 de xaneiro.

    E todo isto máis que un retraso administrativo, desde o BNG consideran que é un problema político. Caamaño asegurou que o novo secretario do concello lle manifestou que non tiña problema en remitírllelas copias das actas, que pola contra, aínda non recibiron.

    Ante esta situación, desde o BNG decidiron remitir un escrito ó Valedor do Pobo para que medie no conflito.

    De non resultar, desde o BNG descartan a vía xudicial. Aínda así, Caamaño matizou que, de non funcionar esta vía, levarán a cabo outro tipo de accións.

    Redacción Salnés