Os veciños de Meis poden xestionar as expropiacións para a autovía no concello

    MEIS> A autovía do Salnés está en marcha. Esta semana o concello de Meis está tramitando xa a expropiación dos terreos afectados. Na casa consistorial os veciños poden observar ata o vindeiro luns os planos nos que se aprecia o trazado. Agora o obxectivo do alcalde será asegurarse de que o concello terá unha saída na nova  autovía.

    Os veciños de Meis que teñan algunha parcela afectada polo trazado da autovía do Salnés deberán acudir a casa do concello para comezar a xestionar a expropiación. Teñen de prazo ata o vindeiro luns e alí poderán observar o proxecto completo e asesorarse sobre os terreos afectados.

    Por outra banda  o rexedor do concello está informándose sobre o desenvolvemento dos traballos desta nova vía ademais de asegurarse que finalmente , Meis contará cunha saída.

    Redacción Salnés