O PP de Cambados critica as obras das beirarrúas da contorna de Santa Mariña

CAMBADOS> Marchamos agora a Cambados. A reforma da contorna da igrexa de Santa Mariña non convence ó PP. Os populares din que a actuación empeora a seguridade viaria dos peóns, con novas barreiras arquitectónicas. Tamén critican que só se actuase sobre por un lado da rúa, deixando a vella beirarrúa no outro extremo.

As obras nesta rúa de Cambados eran moi agardadas polos veciños da zona. Agora que xa se executaron moitos din estar descontentos co resultado. O PP súmase ás críticas, denunciando unha mala actuación, con moitos erros de deseño.

O PP di que a actuación empeora a seguridade viaira na zona. Tamén lamentan que o proxecto só tivese en conta este lado da vía, pero que se esquecese de estoutro, en moi mal estado. Tampouco entenden o motivo polo que a renovación das beirarrúas por detrás da igrexa remata na metade do templo.

Un dos aspectos que máis preocupa ós populares é o resultado final nesta intersección. O primeiro dos erros, a creación de novas barreireas arquitectónicas neste paso de peóns. Denuncian tamén que as novas beirrarrúas comen o espazo dos coches e camións, tal e como demostran estas marcas.

A ampliación deste espazo é, para Aragunde, unha “cacicada da alcaldesa para favorecer a amigos dela”.

Os populares agardan que o goberno local tome nota de tódalas deficiencias as corrixa, pola seguridade dos veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí