O SALNES> A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.
Cada vez están máis de moda e cada vez supoñen un maior desafío para unha comarca tan turística como O Salnés. Pero a Mancomunidade ve no turismo de autocaravanas unha oportunidade, como ferramenta desestacionalizadora e como polo de atracción de novos visitantes.
Esa proposta inclúe un modelo de ordenanza e tamén pon sobre a mesa a posibilidade de crear novas áreas para estes vehículos en concellos do interior da comarca.
Unha oportunidade, entende o presidente comarcal, que permitiría tamén a outros municipios costeiros alixeirar a súa presión turística, tendo en conta ademais que neles a oferta para autocaravanas é privada.
Este plan estratéxico marca como horizonte o 2028. O seguinte paso será coordinar cos distintos concellos esta folla de ruta, co obxectivo de captar fondos doutras administracións para a creación desas novas áreas públicas para autocaravanas. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.











