O GROVE> O Grove homenaxeou ós seus deportistas como cada ano na Festa do deporte no hotel Louxo da Toxa. Os premiados, como non podía ser doutra maneira, destacan pola súa traxectoria no pasado ano logrando éxitos importantes, levando o nome meco por todo o panorama deportivo nacional e internacional.
Para que o deporte adquira a importancia que se merece é importante apoiar as actividades dos clubs base e recoñecer a traxectoria dos campións. Deste xeito o concello de O Grove homenaxeou os seus deportistas na Gala do Deporte.
O premio ós medios de comunicación polo seu seguimento no ámbito deportivo meco recaeu no Faro de Vigo, no eido da proxección deportiva Carol González foi a elixida, a mención para o patrocinador recaeu en Augas de Mondariz e a do deporte base no club de Balón man Rasoeiro. Cabe destacar a importancia do recoñecemento do deporte base , futuros éxitos mecos.
A mención para o deporte deportivo foi para o ciclista de montanbike, Jorge Aguín, e a da vida dedicada ó deporte para o xogador e adestrador de balón man Manuel Sanmartín, a mención á concordia recaeu na unión deportiva O Grove. O premio para o mellor club foi para o Breogán, a mellor deportista feminina do ano foi Gabriela Álvarez e os mellores deportistas masculinos Fredi Bea e Davis Mascato. Aínda que o acto comezou ben os fallos organizativos foron motivo de crítica para os grupos da oposición. O Partido Galeguista calificou a gala de partidista e lamentable. Deste xeito esixen unha reunión urxente da xunta de voceiros para solucionar estes importantes erros.
Redacción Salnés