Interrías e Junquera empataron os seus respectivos partidos

ftbol_sala.jpgSALNÉS> En Baltar, reparto de puntos entre o Viajes Interrías Sanxenxo e o Mera. O Grupo Junquera empatou contra o Vilamartín e suma nove partidos seguidos sen perder.

En Baltar, viviuse un partido moi igualado entre o Viajes Interrías Sanxenxo e o Mera. Foi un encontro moi intenso de principio a fin, no que o Interrías saíu moi motivado, dispoñendo de varias ocasións de gol. Pero foron os visitantes os que se adiantaron no marcador. Os locais conseguiron dala volta ó partido, na primeira metade, con dous goles de Pibe. Sen embargo,un tanto do Mera deixou táboas no descanso.

A segunda parte foi máis igualada, poñéndose o Interrías por diante no marcador, pero os coruñeses apertaron á defensa local e lograron remontar ata o 3-4. A falta de segundos para finalizar o encontro, de novo Pibe, poñía a igualada definitiva no electrónico.

Na Primeira nacional B, O Grupo Junquera conseguiu un punto que califican de valioso tras un partido moi igualado, con moita intensidade de xogo. O equipo local, o Vilamartín, exerceu unha presión asfixiante e puxo en apuros ó gardameta visitante, PC, que estivo especialmente acertado. De feito, foi o gran culpable de que o Grupo Junquera non regresara a Vilagarcía cunha derrota.

Os vilagarciáns estiveron todo o partido por diante no marcador, pero o gol de Manuel e os dous de Ramos diminuíron a distancia ata remontar o encontro. Pero o Grupo Junquera respondeu rapidamente, Fran marcou un gol nunha acción de dobre penalti que puxo o definitivo 4-4 no electrónico.

Redacción Salnés