Secuestran ó dono de ‘Carabel’ través do chamado ‘secuestro express’

    MEAÑO> O  secuestro do empresario Jose María Cacabelos causou unha gran conmoción na comarca do Salnés. Propietario da empresa ‘Excavacións e Construccións Carabel S.L.’, constituiu o seu patrimonio con esforzo e duro traballo, segundo algunhas fontes consultadas, polo que ninguén se explica o ocorrido. O empresario afincado en Dena foi secuestrado por varias persoas encarapuchadas que o obrigaron a subir a un coche. Tras negociar cos raptores, foi liberado horas máis tarde na autopista Pontevedra- Vigo.

    camionsecuestrado_300_130306.jpgJose Mª Cacabelos é propietario da empresa “Excavacións e Construccións  Carabel S.L”. O parecer o empresario foi citado por unhas persoas, supostos clientes, no lugar do Mosteiro en Meis. Todo parece indicar que o constructor atopouse cunhas persoas encarapuchadas sendo obrigado a subirse a un coche. Despois de explicarlle o que sucedía, os raptores puxéronse en contacto coa familia para esixir unha importante suma de cartos a cambio da súa liberación. Parece ser que o empresario comezou unha forte negociación para que os secuestradores baixaran a cantidade, que se estableceu nuns 120.000 euros. Despois de ameazalo de morte se o denunciaba á policía, abandonárono nun tramo da autopista entre Pontevedra- Vigo á altura da localidade de Vilaboa. Alí o recolleu un dos seus fillos.  Nun primeiro momento parecía que Jose María Cacabelos estaba ben, aínda que segundo informacións da propia familia, este suceso derivou en serios problemas psicolóxicos e físicos.

    A este tipo de actos delictivos denomínase “secuestro Express”. Os raptores buscan a persoas con solvencia económica e piden cantidades que poidan ser abonadas en efectivo ás poucas horas. Estes secuestros son moi frecuentes no Levante e Andalucía. O subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, afirmaba esta mañá que estes casos son moi puntuais en Galicia e non teñen porque repetirse, sen embargo os empresarios do polígono de Meaño senten agora medo e desconfianza aínda que non cren que estes casos sexan frecuentes.

    Redacción Salnés