O humidal de O Grove adopta medidas preventivas para convartir a gripe aviar

    O GROVE> O complexo Inter  Mareal Umia- O Grove estará preparado para a chegada da gripe aviar. O presidente da comisión científica para a investigación da gripe aviaria na comunidade de Madrid, Juan José Badiola, visitou o humidal  meco para valorar en situ os protocolos de actuación para reducir ó máximo as incidencias dunha suposta penetración do virus.

    A actual gripe aviar é unha pandemia exactamente igual que as que houbo en 1918, a chamada gripe española, que provocou 50 millóns de mortos ou  a de 1957 denominada gripe asiática. Este virus pode proceder de países asiáticos que é o foco inicial, a través das aves que emigran de África ou ben a través de persoas que viaxaron a este continente. O problema para España sitúase en Nixeria onde morreron 40.000 aves por este virus e onde se mantén  un débil control veterinario. A corrente migratoria das aves procedentes de África chega a Doñana, de aquí unhas derivan o Mediterráneo e outras cara o Atlántico, Portugal e Galicia.

    Aínda que o complexo inter mareal Ulla- O Grove é un lugar de paso para miles de aves a posibilidade e menor que no mediterráneo. Malia isto o humidal non queda excluído da ameaza da gripe do polo,  polo que o presidente da comisión científica para a investigación da gripe aviara en Madrid estudiou en situ esta zona,  sen esquecer que a sociedade lle debe un respecto a estas aves que enriquecen o entorno.

    O maior perigo sitúase nos meses de marzo e abril. Badiola aconsellou que para loitar contra un posible contaxio e expansión do virus é importante evitar contactos con avés domésticas e acuáticas, controlar os movementos dos animais, desinfectar as instalacións, evitar os mercados de animais ó aire libre e nun radio de 15 quilómetros do humidal evitar a cría de animais o aire libre ou confinar as aves durante dous meses cunha simple maia. Os síntomas da gripe aviaria nas aves e galiñas amósanse nas plumas arrepiadas, na baixa producción das poñedoras, a crista  moi escura e hemorraxias, problemas respiratorios, dixestivos e nerviosos.

    Redacción Salnés