O Cortegada recibe ó líder coa sensible baixa de Ylenia

VILAGARCÍA> O Cortegada prepárase xa para recibir a visita do líder do seu grupo, o Bembibre. Partido complicado para as de Pepe Vázquez que ademais non poderán contar cunha das súas xogadoras de referencia, Ylenia Manzanares, aqueixada dunha rotura fibrilar.

A incombustible Ylenia semella que se vai perder o encontro do sábado ante o Bembibre. Unha pequena rotura fibriliar que se producíu no partido ante o Valladolid pode apartar á escolta rioxana da cita. Se ben non se trata de nada grave, o corpo técnico non quere forzar a principios de temporada cunha xogadara clave no seus esquemas.

Así as cousas, todo fai indicar que o Cortegada non poderá contar coa súa xogadora mellor valorada ante un Bembibre que ven con todo, e con gañas de sumar a súa cuarta victoria para darlle continuidade á súa impecable traxectoria ata o momento.

Trátase dun equipo deseñado para loitar por subir a Liga Femenina, no que repiten a gran maioría das xogadoras que xa o ano pasado meteron ó equipo no playoff de ascenso. Un conxunto, iso sí moi veterano, a maioría das súa xogadoras superan os 30 anos de idade, salvo as xóvenes Beatriz Sánchez e Marta Tudanca, ambas chegadas este ano dende o Universitario de Ferrol. O adestrador Chiqui Barros reparte os minutos de xeito moi parello enre as súas nove xogadoras, o que fala da profundidade de banquiño deste Bembibre.

O equipo está liderado Je’Taime Brown. A pivot americana promedia máis de 20 de valoración, con 18 puntos e 7 rebotes por encontro, o que lle fai ser das mellores da liga.

O sábado mediranse en Fontecarmoa dous equipos que comparten a carencia do rebote. Sen embargo, o Bembibre é de lonxe o que menos perdas de balón fai por partido, unha clasificación na que o Cortegada aparece de terceiro. As do Bierzo tamén son o conxunto que menos faltas comete, algo que non lle impide ser a mellor defensa da liga.

Redacción Salnés