Garda Civil e Policía Local de Sanxenxo colaboran contra a violencia de xénero

    26

    SANXENXO > Sanxenxo experimentou o pasado ano unha tendencia á baixa en delictos pero aumentou o número de faltas penais, sobre todo roubos. O dato deuse a coñecer na Xunta Local de Seguridade que presidiu o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández. A Garda Civil e a Policía Local colaborarán en seguridade cidadá e vial, no control do tráfico de estupefacientes e tamén en violencia de xénero.

    A Xunta Local de Seguridade de Sanxenxo abordou o tema da dos malos tratos. Neste concello dictáronse dez ordes de protección a víctimas de violencia de xénero e de violencia doméstica. A Garda Civil e a Policía Local volverán a reunirse para concretar nun protocolo que control fará cada corpo de seguridade.

    En materia de seguridade cidadá terase en conta que Sanxenxo é un concello turístico no que a poboación chega a multiplicarse por cinco nalgunhas épocas do ano. O propio alcalde reclamou máis efectivos dos corpos de seguridade do Estado. O subdelegado tomou nota para solicitar un reforzo da Garda Civil en Sanxenxo. Ademais na Xunta Local de Seguridade acordouse realizar unha reunión mensual para distribuír o traballo entre a benemérita e a policía local.

    Tamén se constituirá unha mesa de traballo en materia de seguridade vial. Sanxenxo xa ten asinado un convenio co Estado para ter acceso telemático ós datos de vehículos e persoas e trátase de facerlle un seguemento.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR