En marcha a campaña de recollida de xoguetes de Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen Nadal

VILAGARCIA> Xa  está en marcha a recollida de xoguetes de Amigos de Galicia para este Nadal. En Vilagarcía, habilitouse un punto para a entrega dos agasallos no Alcampo. A campaña vai estar en marcha ata o 20 de decembro. Todos os xoguetes serán repartidos entre os menores da comarca en situación de vulnerabilidade que atende a entidade.

O obxectivo está claro: que ningún neno quede sen o seu xoguete este Nadal. Para logralo, a Fundación Amigos de Galicia volve poñer en marcha a súa campaña ‘Comparte ilusión’ de recollida de agasallos.

As persoas que queiran participar na campaña, pode entregar xoguetes novos neste punto de recollida habilitado no Alcampo de Vilagarcía. Poderanse depositar aquí ata o 20 de decembro.

Este ano, a previsión é que o número de demandantes aumente, ante a situación de crise.

As familias en situación de vulnerabilidade que queiran beneficiarse desta campaña xa poden face-la súa solicitude a través das distintas vías habilitadas por Amigos de Galicia.

Deses case 2.500 xoguetes, calculan que nesta campaña quedarán na comarca do Salnés o 27%