Efectivos do Exército adéstranse para a Antártida en O Grove

    O GROVE> Efectivos do exército estanse a adestrar para unha misión na Ántartida, e estano a facer en Galicia. Doce militares aprenden a manexar as embarcacións nas praias de O Grove para a operación, máis antiga do Exército. 

     

    Este martes 29 de agosto comezaba o primeiro dos días de preparación de varios efectivos do exército, que están a realizar prácticas de navegación en embarcacións fora borda, no Porto de Pedras Negras, na localidade de San Vicente, en O Grove. 

    Éntrenan  no manexo de embarcacións do mesmo estilo das que terán que utilizar nas frías augas antárticas. Especialistas en comunicacións por satélite, mantemento, navegación, alimentación, medio ambiente, mobilidade en neve ou menciña, forman parte desta dotación de militares que ten como destino Base Gabriel de Castilla. O Sarxento Galego Javier Mosteiro é un dos integrantes deste grupo. 

     A súa estadía tranquila en O Grove durará ata o 2 de setembro. Despois estes doce militares, xunto con outro, que se incorporará despois terán que superar temperaturas de ata 19 graos baixo cero durante a súa misión, que durará arredor de 80 días. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/30/peza_militares_o_grove_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/30/peza_militares_o_grove.mp4{/flowplayer}