O BNG reclama un estudo técnico sobre a caída da produtividade das rías galegas

VILAGARCÍA> O BNG reclama un estudo técnico sobre a caída da produtividade das rías galegas. A voceira nacional do Bloque mantivo este xoves unha reunión co patrón maior da Confraría de Carril. Logo de escoitar o sector, Ana Pontón demanda un plan de rexeneración para as rías. Tamén defendeu a bonificación das cotas da Seguridade Social aos mariscadores e a posta en marcha de hatcheries públicas e mixtas para garantir semente.  

Novo encontro entre o BNG e a Confraría do Carril. Desta volta a xuntanza estivo encabezada pola voceira nacional da formación. Ana Pontón amosou a súa preocupación pola alta mortaldadade das rías galegas, un ‘problema de país’, dixo, nun sector económico estratéxico. Reclama un estudo rigoroso sobre a caída de produtividade.

Tamén lle pide ao goberno central celeridade na bonificación das cotas da Seguridade Social aos mariscadores.

Pide un protocolo sobre o baleirado de encoros. E urxe tamén ao goberno galego a tomar medidas ante a falta de semente.

Dende o pósito carrilexo explicáronlle aos nacionalistas a situación pola que están a atrevesar os seus bancos, logo dun inverno duro. O patrón maior agradeceu o interese da formación en coñecer o estado do sector.

A confraría do Carril conta co 98% dos parques de cultivo de España. Algunhas das súas zonas rexistraron nos últimos meses unha mortaldade do 100% en especies como a abaixa babosa.