Gonzalo Durán: ‘Rodrigo Santiago é a chirigota do pobo de Vilanova’

    gonzaloduran_100_190107.jpgVILANOVA > O alcalde nega que no Terrón se cortaran árbores centenarias para o campo de fútbol, tal como denunciou o PSOE.

    O alcalde de Vilanova acusa de mentireiro ó voceiro do PSOE Rodrigo Santiago por dicir no pasado pleno que se cortaran árbores centenarias no Terrón para construír o campo de fútbol. Gonzalo Durán dirixiu duras críticas contra Santiago e afirmou que esta é unha das maiores parvadas que lle escoitaron. ‘É a chirigota do pobo’, afirmou o alcalde, ó tempo que sinalaba que o asunto incluso podía inspirar a figura do Momo para o entroido de Vilanova.

    terronantes_200_190107.jpgO alcalde de Vilanova presentou fotografías para demostrar que o novo argumento do PSOE contra o campo de fútbol é falso. Gonzalo Durán afirma que o Terrón era antes desta obra a zona máis degradada do pobo e que alí só había catro varas de eucalipto delgadas e un vertedoiro incontrolado. Deste xeito retou ó portavoz socialista a facer unha consulta entre os veciños para ver se prefiren o vertedoiro ou a área lúdico deportiva que proxecta o goberno local.

    O rexedor vilanovés pídelle, xa que logo, a Rodrigo Santiago que ensine esas árbores centenarias ou, se non, que pida desculpas por acusar á alcaldía e por mentir. Durán cre que o voceiro socialista actúa de mala fe nesta obra, máxime cando hai uns anos pedira nunha moción unha área deportiva para Vilanova.

    Redacción Salnés