Elías Domínguez gaña a I Media Maratón de Vilagarcía

VILAGARCÍA > A primeira Media Maratón Concello de Vilagarcía celebrada o domingo contou coa participación dun total de 660 atletas. O percorrido foi de 21 quilómetros, con tres voltas ó circuíto. Nesta ‘Carreira pola Igualdade’, repartíronse premios para os oito primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina.

mediamaratonvilagarcia_300_250406.jpgA fin de semana soleada favoreceu o éxito de convocatoria na primeira media maratón que organizou o concello de Vilagarcía. O pistoletazo de saída dende a avenida da Marina deu inicio a 21 quilómetros de percorrido polo porto e Vilaxoán, para regresar ó punto de partida. Os atletas completaron un total de 3 voltas ante un numeroso público que saíu ás rúas a animar ós participantes.

O atleta do Celta Elías Domínguez impúxose no sprint a Pedro Nimo, despois de que ambos marcaran o ritmo inicial tras percorrer a primeira volta en 22 minutos. Domínguez proclamouse campión galego tras superar a Nimo en 10 segundos e cun tempo total de 1 hora 7 minutos. O campión do mundo de veteranos, o marinense Manuel Rosales, tamén acudiu a participar na proba. Soledad Castro, do Comesaña, foi a vencedora en categoría feminina cun tempo de 1 hora 21 minutos, 3 menos que a segunda clasificada.

A Fundación de Deportes de Vilagarcía estableceu a mesma contía nos premios para homes ou mulleres, que oscilaban entre os 500 euros para os primeiros ata os 20 para os oitavos. A bautizada como ‘Carreira pola Igualdade’, que conseguiu na súa primeira edición entregar a nada desprezable cifra de 660 dorsais, repartiu un total de 2800 euros en premios, cos seus correspondentes trofeos.

Redacción Salnés