![]()
SALNÉS > Dúas novas derrotas para os equipos do Salnés, undécima consecutiva para o Agnusdei Albariño e oitava da temporada para o Rasoeiro, que agora sí, despedíuse de xeito matemático da fase de ascenso. Ambos conxuntos terán que loitar por non descender.
O Rasoeiro perdeu en Pontevedra tódalas súas posibilidades de meterse na fase de ascenso despois de asinar ante o Teucro Reale o peor partido da temporada.
Os de Jaime García caeron con estrépito, 36-22 no encontro no que depositaban as súas derradeiras esperanzas de meterse entre os catro primeiros.
Mal partido en prácticamente tódalas facetas do xogo; a defensa non funcionou e o ataque estivo demasiado espeso. Pese a todo, chegaron con opcións de pelexar pola victoria ó descanso, ó que se chegou cun marcador de 16-12.
Pero a partir de ahí e lonxe de reaccionar, o Teucro amosouse moi a gusto no campo, e comandados por Borja, autor de 13 tantos, foi aumentando as diferencias ata os catorce goles que reflectíu o marcador final.
Así as cousas o Rasoeiro deberá centrarse xa en preparar a conciencia a fase por non descender, na que nun principio non debería ter problemas para salvala cateogría, eso sí, se non amosan a cara deste pasado sábado.
Máis preocupante pode ser o caso do Albariño Agnusdei que sumou a súa undécima derrota en once partidos. Desta volta o seu verdugo foi o conxunto lugués do Ártabro que levouse a victoria de Coirón por 20-29.
Como xa ven sendo habitual a primeira metade dos meañeses non foi mala e conseguiron manterse no encontro ata o descanso, ó que se chegou con 14-17. Pero no segundo acto volveron a aparacer os problemas de sempre: anarquía no xogo ofensivo e baixón de rendemento sobre todo no plano físico. Os visitantes foron ampliuando vantaxes ata o final.
Esta fin de semana o Rasoeiro recibirá na casa e na antepenúltima xornada ó At. Novás mentres que o Agnusdei xogará tamén como local ante o líder do seu grupo Explotacións Mineiras do Morrazo.
Redacción Salnés








