A II Regata Nacional de Kaiak de Mar atraerá ata Vilanova e O Grove a máis de medio milleiro de persoas

O GROVE/VILANOVA> Máis de medio milleiro de persoas pasarán esta fin de semana polos concellos do Grove e Vilanova no marco da segunda Regata Nacional de Kaiak de Mar, que une as dúas localidades. Celebrarase os días 25 e 26 de maio, e contará con representantes de ata catorce comunidades autónomas.