350 nenos participarán no V Torneo de Piragüismo

piraguismo100.jpgVILANOVA> O concello prepara a quinta edición do seu trofeo de Piragüismo, que se celebrará mañá a partires das 4 da tarde. A competición é a encargada de pechar as escolas para nenos que durante todo o verán e dende hai seis anos organizan o concello e o Clube A Illa deste deporte.

{flowplayer}images/salnes/TROFEO_PIRAGUISMO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

Preto de 350 nenos dende os 7 ós 14 anos participarán na quinta edición deste trofeo. Ó redor de 18 clubes da comarca, de toda a provincia de Pontevedra, de Coruña e de Lugo, xa confirmaron a súa asistencia.

Con esta competición, o clube A Illa de piragüismo e o concello pechan as escolas de verán para rapaces para promocionar este deporte entre os máis pequenos, unha actividade que este ano contou con preto de 60 nenos vilanoveses.

A competición comezará a partires das catro da tarde de mañá, e se realizará no entorno da ensenada do Esteiro, en Vilanova.

Redacción Salnés