700 maiores asisten ó xantar de confraternidade na Pobra

    POBRA > Unhas setecentas persoas pertencentes ó colectivo da terceira idade participaron este venres no tradicional xantar que organiza cada ano o departamento de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal. Na comida, que se desenvolveu coma tódolos anos no pavillón de Venecia, estiveron presentes, ademais do alcalde, Isaac Maceiras, a Delegada Provincial de Vicepresidencia, Tareixa Novo.

    Entre as autoridades que asistiron ó convite atopábanse a  Delegada Provincial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tareixa Novo, o alcalde Isaac Maceiras, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Fernández Parada.

    Na comida tamén participaron os demais membros do executivo pobrés, así como tamén os alcaldes de Boiro, Xosé Deira, e Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer.

    O xantar foi servido polo restaurante Chicolino e o espazo deportivo estivo totalmente acondicionado para a ocasión polo que os maiores pobreses disfrutaron dunha suculenta comida.

    Despois do xantar a festa prolongouse durante varias horas, cun baile amenizado por un grupo musical.

    Redacción Barbanza