Veciños de Palmeira opóñense á instalación dunha antena de telefonía preto das súas vivendas

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira faise eco das inquedanzas dun grupo de veciños de Palmeira ante a inminente instalación dunha nova antena de telefonía móbil. Solicitan que a infraestrutura se desprace, alomenos, douscentos metros para afastala das vivendas. Ante a dúbida de se as radiacións electromagnéticas puideran ter efectos nocivos sobre a saúde, o BNG apela ó principio de precaución solicitando o seu afastamento das vivendas. Ademais de criticar ó goberno por non posicionarse do lado dos veciños, acúsano de falla de transparencia á hora de aclarar se existe unha solicitude da empresa para proceder a esta instalación. Ante a indefinición á hora de dar unha resposta, os veciños esixen que se lles comunique oficialmente se se vai a instalar a antena ou non. Mentres tanto, seguirán coa recollida de sinaturas e coa campaña informativa entre os posibles afectados.Tamén o BNG permanecerá vixilante á espera de se a empresa dá un paso adiante.