Desestimado o recurso dos pais de Diana Quer contra a muller do Chicle

BARBANZA> A Audiencia Provincial da Coruña vén de desestimar o recurso presentado polos país de Diana Quer para a imputación de Rosario Rodríguez. Ó igual que xa fixera o xuíz instrutor no sobresemento provisional da causa, as dilixencias practicadas non evidencian a participación da muller do Chicle nos feitos. A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña confirma o arquivo provisional da causa contra Rosario Rodríguez. Desestima así o recurso presentado pola acusación particular, que exercen os país de Diana Quer, ó non apreciar indicio algún da participación da muller do Chicle na desaparición e morte da moza. O auto, notificado este mediodía ás partes, establece que as investigación realizadas non parecen situar á muller xunto ó seu home na madrugada do 22 de agosto cando desapareceu Diana. A resolución do recurso, no que tamén queda absolta do delito de encubrimento, pola relación conxugal co principal sospeitoso, prodúcese nun momento no que o caso volveu espertar gran atención mediática ó trascender o contido dunha carta enviada polo Chicle ós seus familiares. Na misiva, o acusado insinúa que Rosario puido ter estado con el na noite dos feitos, Sen embargo, nin o xuíz instrutor nin a audiencia provincial apreciaron indicios que puideran constatar tal afirmación polo que Rodríguez non será encausada. Isto non quere dicir que o proceso aberto contra O Chicle estea en punto morto xa que nos últimos días, o xulgado de Instrucción Número 1 tomou declaración a catro testemuñas.