Besteiro aposta polo mar e a cultura como xeradores de emprego no Barbanza

    BOIRO> O secretario xeral do PSdeG realizou un percorrido polo Barbanza para apoiar ós candidatos socialistas de Boiro e Porto do Son. Gómez Besteiro destacou as propostas electorais do seu partido encamiñadas á creación de emprego local. Na visita ó porto de Cabo de Cruz, en Boiro, Xosé Ramón Gómez Besteiro destacou o compromiso dos socialistas co mar, un dos sectores principais que sosteñen a economía galega. Ademais da necesidade de crear infraestruturas portuarias para mellorar as condicións laborais dos profesionais insistiu na importancia de escoitar as súas demandas a través de órganos, como a concellería do Mar, que ten previsto crear o PSOE de Boiro. O candidato Manuel Maneiro avogou por un incremento das inversións neste porto, no que teñen base non só embarcacións bateeiras senón tamén a flota marisqueira e de pesca artesanal. Sen embargo, a día de hoxe carece de pantaláns ó que dificulta ós labores diarios ós traballadores. Ademais da aposta polos sectores primarios, Gómez Besteiro incidiu na posta en valor do patrimonio cultural e histórico. Na súa visita tivo ocasión de coñecer o centro arqueolóxico do Barbanza en Neixón e previamente desprazouse ata o castro de Baroña acompañado da candidata de Porto do Son, Josefa Hermo.