A UPTA e a AIT piden que a lei de peche se aplique en tódolos concellos

    VILAGARCÍA > A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Vilagarcía e maila Asociación de Iniciativas Turísticas tamén de Vilagarcía reuníronse no local da UPTA co fin de tratar o acontecido no municipio durante a fin de semana. Lembremos que os locais da movida foron pechados ás 4 da madrugada.

    reunionupta_300_090506.jpgOs socios da UPTA e da AIT aplauden o traballo da policía local por teren aplicado a lei pero esixen que a lei se aplique en tódolos locais da comunidade autónoma por igual evitando favoritismos entre concellos. Ambas agrupacións lamentan os altercados e incidentes ocorridos durante a fin de semana e, precisamente por iso, solicitan que a lei se aplique estrictamente. Entre outras preocupacións están a da clientela, que non que lles gustaría que se foran de movida ós concellos colindantes, probablemente tendo que coller o coche a altas horas da madrugada.

    Redacción Salnés