A Plataforma da PO-308 corta o tráfico para pedir unha solución

    fotopoiocopia2.jpgPOIO> Escoltados pola Garda Civil cortaron o tráfico de maneira autorizada, primeiro nun sentido e despois no outro.

    {flowplayer}images/salnes/Poio.flv{/flowplayer}

    A Plataforma pola seguridade viaria e urbanización da PO-308 o seu paso por Poio, continúa a mostrar o seu descontento coa falta de resposta as súas peticións por parte da Xunta de Galicia. Nesta ocasión fixérono cunha marcha de aproximadamente un quilómetro por esta estrada a altura da parroquia de Raxó.

    Escoltados pola Garda Civil cortaron de maneira autorizada o tráfico primeiro nun sentido e despois do outro tratando de chamar a atención de todo o que transitaba a vía.

    Os veciños reclamar un proxecto de construción de beirarrúas e mellora da seguridade no viaria para resolver un problema que levan anos sufrindo.

    Dende o concello entenden as dificultades do proxecto pero non queren que se sigue tendo esquecido este municipio.

    A consellería de Agustín Hernández, pola súa banda mantén que as dificultades do proxecto débense a desmesurada urbanización da zona. Excusa que non aceptan dende o concello pois segundo Luciano Sobral o plan urbanístico foi aprobado polo propio Hernández.

    O vindeiro domingo volveranse manifestar, desta vez percorrendo Samieira e así ata pasar por tódalas parroquias do municipio.

    Redacción Salnés