70 mil euros para a remodelación da Casa da Cultura de András

    casa_cultura_andras_copy100.jpgVILANOVA>  Continúan os traballos de remodelación da Casa da Cultura de András. O presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde Gonzalo Durán, inaugurou onte as novas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/CASA_CULTURA_ANDRAS.flv{/flowplayer}

    Os traballos que se están a realizar no inmoble están case finalizados, e van dirixidos a mellorar as condicións das instalacións. As actuacións inclúen o seu revestimento en pedra, a construción dunha rampla de acceso para minusválidos e o pintado dos muretes exteriores. A dotación de novos canalóns para suprimir as humidades que padece o edificio, tamén está incluída nas melloras.

    O alcalde Gonzalo Durán destacou a importancia dos traballos realizados no inmoble, que foi construído hai máis de 40 anos e que hoxe é unha peza fundamental da vida da parroquia de András.

    Rafael Louzán aproveitou a súa visita ó municipio para supervisar o avance das obras do parque infantil, situado ó lado da Casa da Cultura. Esta actuación da Deputación pontevedresa conta cun orzamento de 20.000 euros, e ven a sumarse a outros traballos do goberno provincial no municipio vilanovés.

    Redacción Salnés