Cambados demanda á Xunta a apertura do centro de día no 2017

    CAMBADOS> O concello de Cambados esixe á Xunta de Galicia que cumpra o seu compromiso e abra o centro de día este ano. Segundo o goberno local, a falta de vontade política é o que está a lastrar a apertura destas instalacións, que se remataron no 2016 e que dependen do goberno autonómico. Hoxe o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anunciaba a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros. Cambados terá que esperar polo seu centro de día. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vén de anunciar a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros, pero polo de momento non hai data para a súa entrada en funcionamento, pendiente aínda a licitación da xestión. Dende o goberno local non ocultan o seu enfado. Este ano, a Xunta comprometíase a abrir o centro de día cambadés no ano 2017, en resposta a unha pregunta plantexada polo voceiro de En Marea, Luis Villares. Uns prazos que, dende o concello, non confían en que se cumpran por falta de vontade política. Segundo o edil de Facenda, o concello cambadés cumpriu co acordado co Consorcio. Así, nos orzamentos do 2017 reservaron unha partida para sufragar unha terceira parte do equipamento e da apertura. Durante a rolda de prensa desta mañá os dous edís recordaron a necesidade que ten Cambados de que se abra este centro de día. Actualmente, hai moitos veciños en listaxe de agarda e outros que se desprazan a centros semellantes fóra da vila.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí