Touriño da a luz verde para a Autovía do Salnés

    SALNÉS > Este luns colocábase a primeira pedra para o comezo da construcción da Autovía do Salnés, que estará rematada en febreiro de 2008 e que suporá un investimento global de preto de 55 millóns de euros. Serán 17 quilómetros de vía, con capacidade suficiente para absorber ós mais de 18.000 vehículos que transitarán a diario pola futura autovía.

    pedrasalnes_300_150506.jpgNo acto estiveron presentes os alcaldes e membros das corporacións dos 5 concellos implicados nas obras (Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo), así como representantes de AUSAL, a sociedade concesionaria que asume a construcción, explotacion e financiamento da obra, o director xeral de Caixanova e outras personalidades, que agardaban a chegada da conselleira de política territorial Mª José Caride e o presidente da Xunta, Pérez Touriño. O máximo representante autonómico fixo referencia á necesidade de melllorar a capacidade e a calidade das infraestructuras e aludiu a outras obras importantes que comezarán en breve, caso da autovía do Barbanza. Na colocación da primeira pedra participaron os altos cargos institucionais e os representantes das empresas implicadas.

    A prioridade da Xunta en materia de seguridade vial complementarase en breve cun plan que están elaborando que coordinará todalas actuacións dos organismos públicos con competencias. As obras de desdobramento acometeranse ó longo de 17 quilómetros e a autovía contará cun tronco de dúas calzadas de 7’5 metros cada unha separadas por unha mediana de 3 metros. Disporá dunha beirarrúa exterior de 2’5 metros. Para salvar a orografía e os distintos obstáculos a atopar construiránse 3 viadutos, 16 pasos superiores e 22 inferiores, 24 pasos para fauna e mais de 4000 metros cadrados de pantallas antirruido. A autovía do Salnés será totalmente gratuita para os usuarios.

    Redacción Salnés