EU: “ Non hai convenio urbanístico con Lantero”.

    VILAGARCIA> Hoxe cúmprense cen días de folga de Lantero; a folga máis longa da historia da democracia en Galicia. Unha data na que Esquerda Unida de Vilagarcía se pronuncia para reivindicar que o convenio urbanístico que a empresa cartoneira ten na capital arousá non está vixente. Aseguran que os despedimentos por parte da empresa invalidan este documento, que ademais non recolle o que se aprobou na correspondente sesión plenaria.

    Esquerda Unida asegura que non hai ningún convenio urbanístico vixente ca empresa cartoneira Lantero. Os esquerdistas xustifican esta postura en base a que o actual convenio, tal cal esta redactado, non foi aprobado pola corporación; posto que se engadiu unha cláusula a maiores. Un anexo no que se abrían as portas á xustificación a posibles reducións de plantilla. Máis aló do xustificado no convenio, a empresa ven de incumprir os termos do acordo ó despedir a día de hoxe, sen xustificar as causas, a corenta e oito traballadores. Aínda máis, Fajardo asegura que o convenio non cumpre outros aspectos legais puramente urbanísticos. Esquerda Unida pedirá pois no pleno de mañá que se inhabilite este convenio e que se advirta á dirección da empresa Lantero que a súa única saída é readmitir ós traballadores despedidos e botar atrás o ERE e as demandas que interpuxo nos últimos tres meses contra os empregados. Neste pleno de mañá o BNG presenta unha moción relativa á situación dos emigrantes retornados do Salnés. Con esta proposta reclaman unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF para as rendas das pensións independentemente do país que procedan. Este emigrantes reclaman tamén intervir en primeira persoa nesta sesión extraordinaria.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/eu_lantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/20/eu_urbanismo_lantero.mp4{/flowplayer}