Vilanova acolle o terceiro peche da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés

VILANOVA> Terceiro peche da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés na contra a nova lei de Saúde de Galicia. Nesta ocasión, a súa protesta tivo lugar na Casa do Concello de Vilanova.

A menos dunha semana de para que o PP aprobe en solitario no Parlamento galego a nova lei de Saúde de Galicia, a plataforma  en Defensa da Sanidade Pública do Salnés continúa coas súas mobilizacións. Durante esta mañá levaron a cabo o seu terceiro peche reivindicativo. Foi en Vilanova, onde reivindicaron unha vez máis a necesidade de que O Salnés manteña a súa área sanitaria.

O vindeiro martes, a reforma da lei de Saúde de Galicia irá ó Parlamento galego. Se todo vai segundo o previsto, sairá adiante cos votos a favor só do PP. Tralo peche de hoxe en Vilanova, mañá será a quenda de Catoira. Tamén haberá actos nas vindeiras datas en Cambados e Vilagarcía.