Falece un motociclista nun accidente de tráfico en Bamio

    Un veciño de Cornazo de 30 anos, faleceu onte á noite tras resultar cohcar a súa motocicleta cun turismo á altura dos semáforos de Bamio , en Vilagarcía. O sinitros aconteceu pouco antes de medianoite, cando o motorista, Daniel Angustias, un mozo de 30 anos veciño da parroquia vilagarciá de Cornazo, colidía cun vehículo que realizaba unha manobra indebida neste cruce do Campanario, en Bamio. Os servizos de emerxencias de Vilagarcía asistiron ó lugar, pero o rapaz estaba gravemente ferido, e tras tentar reanimalo, finalmente faleceu no Hospital do Salnés. Ata a zona tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Salnés, Policía Local de Vilagarcía e unha ambulancia do 061. O outro mozo, o que conducía o vehículo, tiña 25 e era tamén veciño de Vilagarcía. Foi detido, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente, e ó parecer, deu positivo en drogas, e carecía do permiso de conducir por perda de tódolos puntos. O lugar encheuse onte á noite de veciños desta zona que saíron asustados das súas casas. Esta mañá, aínda estaban conmocionados. Aínda así, os veciños deste cruce de Campanario, en Bamio, afirman que non lles sorprende que acontezan accidentes deste tipo, nesta zona de PO 549. Unha estrada na que os vehículos acadan unha gran velocidade . O falecido estaba casado e tiña unha filla pequena. O seu corpo será velado mañá pola tarde no Tanatorio de Arosa, e a continuación, celebraráse o funeral na Igrexa de San Pedro de Cornazo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí