Boiro resucita a figura e a obra de Manuel María

    BOIRO > A viúva do poeta Manuel María, Saleta Gol, aistiu o martes como convidada de honra a Boiro ós actos organizados neste concello para celebra-la adicación dunha rúa do municipio ó seu home.

    Emotivo. Así se podería describi-lo acto vivido o martes pola noite en Boiro e que tivo como momento máis agardado o descubrimento da placa co nome de ‘Poeta Manuel María’ por parte da súa viúva, Saleta Gol, e o propio alcalde Xosé Deira, baixo os acordes do himno galego interpretado pola Banda de Música Municipal.

    O acto desenvolveuse na entrada do Centro Social, xa que a nova denominación vén substituír ó nome que tiña a rúa comprendida entre este edificio e a Avenida da Constitución e que levaba ata o de agora o nome de José Antonio.

    O programa de actos organizado pola concellería de Cultura que dirixe Xerardo Piñeiro iniciáronse ás nove da noite no salón de actos do propio Centro Social boirés e contou coas intervencións do propio alcalde, Xosé Deira, e o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Antón Riveiro Coello, entidade que propuxo ó concello boirés a dedicación dunha rúa a Manuel María, tristemente falecido no ano 2004.

    Ademais e co gallo de achegar ó númeroso público que acudiu á homenaxe a figura e obra deste autor nado en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, proxectáronse dous documentais, e tivo lugar tamén unha charla de Manuel López Foxo, gran coñecedor de Manuel María.

    Redacción Barbanza