Noia repartirá este entroido máis de dez mil euros en premios

NOIA> Unha extensa oferta de actividades compoñen o programa de entroido en Noia. Ademais do carácter solidario de moitas das súas citas, destaca como evento principal o Rali París – Dakar que pechará os festexos cun desfile cheo de cor e imaxinación.

Unha proba deportiva será a encargada de inaugurar as celebración do entroido en Noia. A carreira, organizada polo concello e o Club Atletismo Noia, terá lugar o sábado día 10 ás cinco e media da tarde con saída dende a praza do concello.  Ademais de carácter festivo, posto que os participantes deberán ir disfrazados, terá unha compoñente solidaria.

O luns de entroido os nenos serán os principais protagonistas co concurso infantil de disfraces no Pavillón Alonso Rodríguez con tres premios en cada categoría: individual, parella e grupos.

O mércores de cinza terá lugar o tradicional enterro da sardiña. A comitiva fúnebre sairá do Curro ás oito e media da tarde, acompañada pola comparsa Os Solfamidas e a Charanga Vila de Noia. O Rali París-Dakar  porá a guinda ós festexos do entroido repartindo preto de nove mil euros en premios.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse tanto na sede electrónica como no segundo andar da casa consistorial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí