Vilanova denuncia que o goberno do estado bloquea por motivos políticos a construción do colector con Cambados

VILANOVA> Vilanova denuncia que o goberno de estado paraliza a construción do colector entre a vila e Cambados por motivos políticos. O proxecto presentado polo goberno vilanovés foi aprobado por Costas de Pontevedra pero veu denegado dende Madrid alegando cambio de criterio. O PP provincial anuncia que levará unha iniciativa ao congreso dos deputados para que o goberno central explique os motivos, rectifique e dea luz verde ao proxecto.

O concello de Vilanova pode perder unha subvención de arredor de 4 millóns de euros debido á paralización do proxecto de construción do colector entre a vila e Cambados. O proxecto que fora aprobado polo Servizo de Costas en Pontevedra veu denegado dende Madrid. Unha decisión que non entenden en Vilanova xa que a lei é a mesma. Dende o goberno denuncian un bloque político.

Dende Vilanova tamén cargan contra os partidos de esquerdas e as asociacións ecoloxistas por non apoiar este proxecto.

O PP provincial xa anunciou que tomará medidas políticas levando unha iniciativa ao congreso dos deputados para que o goberno central explique os motivos da negación, rectifique e dea luz verde ao proxecto.

A paralización do proxecto tamén afecta a Cambados. A vila non enviou a documentación a Madrid, segundo Durán, por culpa de Fátima Abal. Dende Cambados sinalan que tamén enviaron unha carta á directora xeral da Costa e do Mar solicitando que reconsidere a decisión xa que o proxecto non incumpre a normativa vixente. Tamén invitou á directora a visitar a zona para que vexa de primeira man as posibilidades e a importancia do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí