Tabuyo: ‘Queremos construír o Cambados do século XXI’

    candidatura_tabuyo copia.jpg CAMBADOS> O candidato á alcaldía polo PSOE presenta unha lista con 17 nomes entre os que atopamos nove caras novas xunto a outras de longa tradición no partido.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_TABUYO.flv{/flowplayer}

    Xente procedente de tódolos sectores produtivos, con novas ideas e ilusións e cunha mesma meta: conquistar o 22 de maio a alcaldía de Cambados. Así presenta o candidado do PSOE cambadés Domingo Tabuyo ás 17 persoas que o arrouparán na carreira ás municipais. Entre elas, a metade son novas incorporacións. Xuntos propoñen traballar para redefinir o tecido socioeconómico do municipio. Porque as fórmulas de antes, di Tabuyo, xa non serven para afrontar os novos escenarios financeiros.

    Os socialistas queren que esa reconstrución de Cambados sexa un traballo de todos, que participen os veciños. Por iso van a perdirlles a súa opinión. Aseguran que están preparados para gobernar Cambados, porque levan máis de 80 anos no municipio. Entre as prioridade do seu programa está solucionar os problemas medioambientais, impulsar o PXOM, reactivar o porto de Tragove ou apoiar o pequeno comercio.

    Redacción Salnés