O executivo rianxeiro expedientará á empresa Proyecon

    RIANXO > O concello de Rianxo vén de abrirlle un expediente á empresa Proyecon Galicia polas irregularidades cometidas nas obras de canalización da auga do Río Ulla. Os operarios da compañía levantaron parte do firme da estrada de Rianxiño para a realización dos traballos pero non procederon á súa reposición coas consecuentes molestias para os peóns e riscos para o tráfico.

    rianxo_300_180506.jpgOs feitos remóntanse a hai varios meses, cando a empresa Proyecon Galicia iniciou as obras de canalización da auga procedente do río Ulla para o seu abastecemento a varios núcleos do concello de Rianxo.

    A firma tivo que levantar parte do firme para instala-las tubaxes, aínda que posteriormente non procedeu ó seu tapado, o que veu a desata-lo problema co conseguinte perigo para os automobilistas e peóns que empregan a rúa habitualmente.

    Un dos maiores problemas prodúcese na zona comprendida entre a Pousadeira e o cruce de Arcos Moldes.rianxo2_300_180506.jpg

    A decisión do executivo rianxeiro de abrirlle expediente á empresa responde unicamente ós numerosos requerimentos efectuados para que arranxara a situación, sen que por parte da firma se fixera nada por solucionalo.

    As autoridades locais acordaron que sexa a brigada de obras municipal a que se encargue de acondionar esta zona, coa limpeza da vía e tapa-los desniveis existentes cunha capa de rego asfáltico, e imporlle unha forte sanción económica á empresa para sufragar a totalidade dos gastos ocasionados.

    Redacción Barbanza